Mostrando entradas con la etiqueta Excursións e actividades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Excursións e actividades. Mostrar todas las entradas
30 oct 2018
Visita ao aeroporto
Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º, grazas ao programa ``Conoce + tu aeropuerto´´, puidemos visitar e coñecer mais de cerca o noso aeroporto.
Durante a visita coñecimos a labor de diferentes colectivos que traballan nel e que garanten a operatividade e seguridade de Peinador. Apréndemos o que era una tarxeta de embarque, pasamos polo arco de seguridade como se foramos uns pasaxeiros e puidemos ver a zoa de recollida de equipaxes.
E por se fora pouco tamén coñecimos aos bombeiros que traballan no aeroporto na zoa de extinción de incendios e as persoas encargadas do control de fauna no aeroporto onde explicáronnos que gracias a varias aves, como o falcón que nos ensinaron, espantaban algúns animais que atrevíanse a meterse nas pistas de aterraxe.
Aeroporto
18 oct 2018
A VISITA DE PEPA
Recibimos a visita de Pepa, unha cadela moi especial do centro Ramalladas.
Pepa é coma nós, aínda é unha cadeliña moi noviña e imos aprendendo xuntos a respectar a outras persoas e animais, a tratala con agarimo para que non se poña nerviosa e a esperar a nosa quenda para compartir o tempo con ela. Non queremos abafala!
Pepa é coma nós, aínda é unha cadeliña moi noviña e imos aprendendo xuntos a respectar a outras persoas e animais, a tratala con agarimo para que non se poña nerviosa e a esperar a nosa quenda para compartir o tempo con ela. Non queremos abafala!
![]() |
| Preme na imaxe para ver |
2 mar 2016
VISITA A BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO.
CENTRO DE VISITANTES DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA
A mediados do mes de febreiro, tivemos a sorte de visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas situado no casco vello de Vigo. Ensináronmos un montón de cousas sobre as especies que habitan nestes arquipélagos : Ciés, Ons, Sálvora e Cortegada. Tamén fomos piratas, raiñas, reis, mariñeiros e mariñeiras... e protagonizamos unha fermosa historia.
Se queredes saber máis podedes entrar na web do parque pinchando aquí.
Velaquí as fotos desta fantástica experiencia.
Se queredes saber máis podedes entrar na web do parque pinchando aquí.
Velaquí as fotos desta fantástica experiencia.
13 abr 2015
DÍA DA MULLER TRABALLADORA.
O pasado 8 de Marzo as alumnas e alumnos de 2º curso elaboraron un vídeo coas súas razóns para celebrar o Día da Muller Traballadora.
24 sept 2013
VISITA DO CLUBE FIC FLAC DE XIMNASIA ACROBÁTICA
Na clase de EF tivemos a visita de Jorge e Almudena que nos ensinaron unhas poucas cousas de todo o que podemos aprender na Ximnasia Acrobática. Foi moi divertido !!!
2 jun 2013
CHARLA DE IGUALDADE
Unha vez máis a nosa especialista en Igualdade entre homes e mulleres, Mara, veunos a ensinar un montón de cousas acerca das mulleres.
Mulleres galegas que , en tempos en que as consideraban inferiores aos homes, chegaron a facer cousas impresionantes a nivel mundial ,.
Nun pasado pensaban que os homes eran superiores ás mulleres. Mara explicounos que esa creencia é falsa, e que ambos temos moitas cualidades para chegar moi lexos no mundo.
Os rapaces de 2º sabemos ademáis que a palabra Igualdade,se refire á igualdade de oportunidades para homes e mulleres. Pero non significa que sexamos iguais.....
Sabemos que todos somos DIFERENTES, ESPECIAIS, E XENIAIS. Temos que respetar as diferencias individuais de cada persoa. A Diferencia entre persoas , enriquécenos.
¡Gracias chicos e país de 2º por loitar polo respeto a esa diferencia!
CHARLA IGUALDADE 2º CURSO on PhotoPeach
Mulleres galegas que , en tempos en que as consideraban inferiores aos homes, chegaron a facer cousas impresionantes a nivel mundial ,.
Nun pasado pensaban que os homes eran superiores ás mulleres. Mara explicounos que esa creencia é falsa, e que ambos temos moitas cualidades para chegar moi lexos no mundo.
Os rapaces de 2º sabemos ademáis que a palabra Igualdade,se refire á igualdade de oportunidades para homes e mulleres. Pero non significa que sexamos iguais.....
Sabemos que todos somos DIFERENTES, ESPECIAIS, E XENIAIS. Temos que respetar as diferencias individuais de cada persoa. A Diferencia entre persoas , enriquécenos.
¡Gracias chicos e país de 2º por loitar polo respeto a esa diferencia!
CHARLA IGUALDADE 2º CURSO on PhotoPeach
21 may 2013
VETERINARIO NO CARBALLAL
20 may 2013
Visita ao CAT
O 14 de Maio fomos visitar o Centro de Artesanía Tradicional. Alí vimos unha exposición dunha firma de roupa que utiliza a reciclaxe e tamén aprendemos moito sobre o oficio de cestería.
Vimos os materiais que se utilizan (vimbios con pel ou sen ela, madeira rachada...) e os diferentes obxectos que se poden fabricar (axóuxeres, cestos, nasas...).
Tamén tivemos a ocasión de facer un peixe con vimbios e, por suposto, pasámolo moi ben. Se queredes aprender máis sobre este lugar premede aqui, e visitaredes a páxina do Concello de Vigo, no apartado que corresponde ao CAT.
19 nov 2012
OBRADOIRO IGUALDADE
Hoxe no cole tivemos unha visita especial. Mara é unha profe especialista na sensibilización cos rapaces e rapazas cara a igualdade entre ambos.
Tivemos unha sesión moi interesante protagonizada polo conto ROSA CARAMELO....
Descubrimos que non é certo que as elefantas teñan que ser rosas, cheirar a flores, e pasalo mal para ser fermosas......
Descubrimos que tanto rapaces como rapazas temos moitos gustos en común, moitas habilidades que facemos igual de ben, e...que, en realidade, a diferencia está no corpo pero non nas nosas capacidades.
¿Seríades capaces de diferenciar unha aperta dun neno ou dunha nena?....
Coidar a un boneco desenrola a sensibilidade e moitas aptitudes boas......por qué nos anuncios nunca aparece un neno coidando un boneco????
E a moitas nenas encántanlles os coches...por qué na tele se ven tan poucas????Ummmm Grazas Mara por facernos pensar.......
28 may 2012
FOMOS AO CINE A VER COPITO!!
O outro día fomos ao cine, cremos que os nenos/as o pasaron bastante ben.
Aquí tendes as fotos, vos que opinades?
Aquí tendes as fotos, vos que opinades?
21 abr 2012
VISITA DE ABRAHAM CARREIRO.
Os nenos/as do 1º ciclo fixemos un mural sobre Abraham Carreiro. En primeiro fixeron as fantásticas letras do nome do autor. Os rapaces/as de segundo escoitaron o título das obras elixidas e debuxáronas tal e como as imaxinaron. Lamentamos non ter fotos do proceso de ilustración das portadas, en segundo sempre nos esquecemos da cámara, pero os rapaces de primeiro non, aquí tendes as fotos. :-)
4 dic 2011
Exposición e Degustación froitos do Outono
EXPOSICIÓN E DEGUSTACIÓN
DOS
FROITOS DO OUTONO
O 1º ciclo fixemos unha exposición sobre os froitos do outono, e invitamos a todo o cole a unha degustación dos mesmos: pomelos, limóns, laranxas, freixoas, noces, castanas, caquis... Tamén doces elaborados cos mesmos coma marmelo e tarta de améndoas.
22 oct 2011
A ILLA DE TORALLA.
Aprendemos moitas cousas e pasámolo xenial na visita que fixemos a Illa de Toralla. Fixo un día incrible e aproveitámolo moito. Se queredes ver máis fotos só tendes que visitar a galería do cole.
26 jun 2011
EXCURSIÓN AO ECOPARQUE DE MARÍN!!!!
Xa tendes as fotos das últimas celebracións na GALERÍA da páxina web. Aquí vos deixamos un video cos mellores momentos da excursión de fin de curso. Esperamos que vos guste!!!! En breves colgaremos outro coas actuacións do Festival!!!
7 jun 2011
VIAXE A CARBOEIRO!!!
A nosa compañeira Ione foi ata Carboeiro onde tivo lugar a duodécima edición dos Encontros de Música Tradicional. Como o pasou tan ben, quere compartir con todos vós un pequeno video. Espera que vos guste!!!!
VIAXE A CARBOEIRO on PhotoPeach
29 may 2011
DÍA DA ÁRBORE!!!
Para celebrar o Día da Árbore, reunímonos no Monte Bandeira, xunto cos colexios Saladino Cortizo, Santa Mariña e o Sello.
Despois de plantar unha pequena árbore, para contribuir á conservación do medio ambiente, merendamos, limos uns poemas e xogamos moitísimo cos compañeiros dos outros coles. Pasámolo moi ben!!
Despois de plantar unha pequena árbore, para contribuir á conservación do medio ambiente, merendamos, limos uns poemas e xogamos moitísimo cos compañeiros dos outros coles. Pasámolo moi ben!!
Aquí vos deixamos un pequeno video, pero para ver todas as fotos non tendes que ir máis que á Galería da páxina web.
DÍA DA ÁRBORE on PhotoPeach
19 may 2011
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
De novo as rúas, prazas e xardíns redondeláns servirán de escenario para artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias. Presentan, nesta ocasión, os traballos e espectáculos de compañías profesionais de: Francia, Alemaña, India, Rusia, Andalucía, Aragón, Cataluña, Madrid e Galicia (entre outras). Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e unha chea de sorpresas.
Unha festa internacional onde se mesturan títeres, ledicia e festa.
Se queredes máis información, o programa coas actividades... só tendes que clicar na imaxe.
Persoalmente tiven a oportunidade de disfrutar desta actividade en varias ocasións e podo dicir que merece a pena!!!
CAMPAMENTOS URBANOS
Apertura do prazo de inscripción nos CAMPAMENTOS URBANOS 2011 da Deputación de Pontevedra.
Para máis información:
Sede de Vigo
Calle Oporto, 3
36201 Vigo - ES
Tlf.:+34 986 804 100
Mail: info.vigo@depo.es
http://www.depo.es/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



