19 may 2011

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA

De novo as rúas, prazas e xardíns redondeláns servirán de escenario para artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias. Presentan, nesta ocasión, os traballos e espectáculos de compañías profesionais de:  Francia, Alemaña, India, Rusia,  Andalucía, Aragón, Cataluña, Madrid e Galicia (entre outras). Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas,  xogos participativos, animación de rúa  e unha chea de sorpresas.
Unha festa internacional onde se mesturan títeres, ledicia e festa. 
Se queredes máis información, o programa coas actividades... só tendes que clicar na imaxe.


Persoalmente tiven a oportunidade de disfrutar desta actividade en varias ocasións e podo dicir que merece a pena!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario