18 abr 2024

A auga e os nosos dedos máxicos

 Esta semana estamos traballando a auga e fixemos sorprendentes experimentos coa agua e cos nosos dedos máxicos.

Descubrimos o olor da canela, da menta, do perexil,... e descubrimos que con esas especies, coa agua e co noso dedo máxico e algúnha cousiña máis,  poden pasar cousas sorprendentes...

Un dedo que se mete na auga e non se molla....

Unhas especies que se moven soas....








22 mar 2024

Divertida búsqueda de ovos!!

 Para rematar o trimestre e comezar a disfrutar da nosa familias uns días, fixemos no cole unha divertida búsqueda de ovos polo noso colexio. Pasámolo moi ben. O coelliño escondera ovos por todos os lados, pola clase, polo baño, polo patio, pola biblioteca,..... e o final estaba un coelliño cunha cesta escondido no xardín!!














21 mar 2024

A comer peixe

Despois de traballar os animais de auga, de terra e de aire, que mellor que facer unha degustación dun . Eleximos o mellor dos animais: un peixe!! 

Creamos un peixe e comimos todo, todo, non deixamos nada!! a verdade é que non tiña espiñas e era moi sabroso!!











18 mar 2024

Animais de Aire

A semana pasada estivemos cos animais de aire, os que voan, teñen pico,.....

Cousiñas curiosas fixemos...

 


 




15 mar 2024

Obradoiro da Auga

 Hoxe tivemos no colexio un divertido e interesante obradoiro da auga. Ademáis de moitas cousas interesantes que aprendimos, sabemos convertirnos en auga sólida, auga líquida e auga gaseosa. Fixemos experimentos e xogos!!!

Para casa levamos cousiñas interesantes para compartir coa familia!!





O concurso da muller

 Ca información que traballamos o día da muller esta semana tocou facer un pequeno concurso. Tivemos probas moi divertidas coas que conseguíamos pistas para cubrir a nosa plantilla. Podíamos ir ao panel das mulleres se o necesitábamos.

Pasámolo moi ben!!!!!







O noso fermoso Sol!!

 E chegamos o centro do noso sistema solar!!!! o Sol.  Estivemos descubrindo curiosidades do sol. É unha estrela moooooi grande, emite luz, emite sol,......

Creamos un sol que nos deixa pasar a luz do sol!!!





8 mar 2024

Animais de terra

Esta semana estivemos traballando os animais da terra. Había moitos tipos e moitas características e algúns son moi curiosos!!

 


 




Mulleres importantes para nós: 8 de marzo

 Hoxe conmemórase  o día da muller. Neste día estivemos falando e traballando mulleres importantes para nós e tamén descubrimos mulleres importantes do mundo.






A abelliña que perdeu as ás

Na clase disfrutamos cun fermoso libro : "A abelliña que perdeu as ás". Estivemos traballando moito con él, xa que nos gustou moito. Creamos abelliñas cos nosos pés, fixemos o tendal da roupa, e tamén debuxamos aos animais da fraga.