Mostrando entradas con la etiqueta lingua. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lingua. Mostrar todas las entradas

24 sept 2014

O AMOR...

PARELLAS DE AMOR, INSEPARABLES.

A nai e as crías,
o ovo e as galiñas.
Os peixes e o mar,
as plantas e a terra.
A luz e a escuridade,
a lúa e o sol,
o lume e o dragón.
As abellas e o mel,
a bicicleta e as rodas,
as vías e o tren.
A toupeira e a terra,
a lúa e as estrelas,
a colmea e as abellas.
Os canastros e o millo,
o pan e o trigo.
O sombreiro e o chapeu,
eu e máis ela,
el e máis eu.



Poema elaborado polos alumnos/as de 2º.

5 jul 2013

CORREO INTERCICLO


Mirade que marcadores tan chulos enviaron os nenos e nenas do CEIP Carballal os do CEIP Paraixal....deste xeito poderán gozar da lectura durante as vacacións!!!



22 may 2013

17 de Maio. Día das Letras Galegas

O 17 de Maio celébrase o Día das Letras Galegas, no que se promociona a cultura galega dando a coñecer un autor ou autora destacado.
Este ano, o autor homenaxeado foi Roberto Vidal Bolaño, quen destacou como escritor de obras de teatro e actor.
Nós celebrámolo cunha obra de teatro: "A ratiña presumida" e tamén cantando e bailando unha Regueifa. Aquí vos quedan as fotos, pero estade atentos á web do cole onde se publicarán os vídeos.

7 mar 2013

Mario pensaba que o galego non servía para nada.

Nesta actividade do Gabinete de Normalización Lingüística do Concello de vigo mesturamos o conto coa ilustración e a fantasía co debuxo usando como fío condutor a nosa lingua galega.

Mentres un narrador contaba un conto, un ilustrador ía facendo un mural, en vivo e diante dos nosos ollos! Qué destreza! Nós colaboramos aportando as palabras que coñecemos en galego e como colofón final, fixemos un obradoiro de debuxo.

25 jun 2012

TEATRO: A PEDRA E AS FORMIGAS.

   Despois de ler e traballar con este fermoso libro escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano, non hai nada mellor que o TEATRO!!!
    Esperamos que gocedes da obra tanto coma nós facéndoa, pasámolo xenial!!!


13 jun 2011

MENSAXE DE AITOR PONCETE!!!

Ola rapaces!!! Deume moita pena que hoxe non estiverades todos na última misión, por iso, e en especial para Pablo e Paula, deixovos un pequeno video de despedida cunhas imaxes moi bonitas. Espero que vos guste!!!!
Un abrazo moi forte,

                                                             Aitor Poncete

AITOR PONCETE E O MISTERIO DOS SONS!!!

Hoxe Aitor Poncete volveu requirir dos nosos servizos para solucionar o problema na aula de música. Os instrumentos estaban desafinados e non se sabía cal era cal. E co Festival de Fin de curso á volta da esquina!!!!!
Pero non vos preocupedes, dimos resolto o misterio. Dádelle ao play!!!


AITOR PONCETE Y EL MISTERIO DE LOS SONIDOS on PhotoPeach

GRAZAS PROFES CARMEN E RAFA POR COMPARTIR UNHA VEZ MÁIS ESTA GRAN TAREFA!!!!!

8 jun 2011

ACTIVIDADE INTERESANTE!!!

Que non tes nada que facer o venres 10 de xuño, ás 18:30 horas terás unha sesión especial de contacontos. O lugar da actividade é no Espazo EMAO (esquina das rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Se clicades na imaxe poderedes acceder ao blogue de Kalandraka e obter máis información sobre a actividade.


2 jun 2011

A DISFRUTAR!!!!

Se clicades nesta imaxe viaxaredes á biblioteca onde escribía aquelas poesías tan bonitas Honorato. Na biblioteca poderedes disfrutar dun contaconto ou ser vós mesmos os que escribides historias. Non o perdades!!! Xa me comentaredes o que vos parece.


30 may 2011

EL MISTERIO DE LA CASA ENCANTADA!!!

Aquí vos deixo unha historia titulada: "El misterio de la casa encantada". Despois de escoitalo tendes xogos para facer!!! A pasar un rato fantasmagórico....


AITOR PONCETE

EL MISTERIO DE LA PRENSA!!!!

Hoxe Aitor Poncete volveu requerir os nosos servizos para resolver outro misterio no cole. Nesta ocasión o problema estaba nas noticias do periodico. Non o ides crer, pero faltábanlle palabras!!! Así non hai quen lea. 

Non vos preocupedes o misterio foi resolto e as palabras voltaron ao seu lugar. Queredes ver o ben que o fixemos???? Dádelle ao play e non esquezades deixar o voso comentario!!!!

EL MISTERIO DE LA PRENSA on PhotoPeach

Moitas GRAZAS profe Carmen e Rafa por compartir connosco está gran aventura e axudarnos sempre!!!

23 may 2011

AITOR PONCETE E A RECEITA DA TORTILLA DE PATACAS!!!

Despois dunhas semanas sen noticias do noso amigo Aitor Poncete, hoxe volveu pedir a nosa axuda para resolver outro importante caso. Todos convertémonos en cociñeiros para axudar as cociñeiras coa receita de tortilla de patacas. Que desfeita!!! Faltaban os ingredientes, os pasos estaban desordeados e mal escritos.... Menos mal que puxemos todo en orde. Queredes ver como nos foi??? Aquí queda un bonito video. Espero os vosos comentarios....


AITOR PONCETE Y LA RECETA DE TORTILLA DE PATATAS on PhotoPeach

MOITAS GRAZAS PROFES CARMEN E RAFA!!!

22 may 2011

NOVIDADES!!

Carbi ten novidades no seu blogue, non vo-las perdades!!!  Tedes o video da celebración das Letras Galegas e coas fotos do Certamen Literario. Clicade en Carbi e buscádeos!!!

19 may 2011

OS MESES DO ANO!!!

Estamos a repasar no cole os meses do ano. Aqui vos deixo un video cunha canción moi marchosa que seguro que vos axuda a memorizalos mellor.
 

13 may 2011

REPASAMOS!!!

Aquí vos deixo uns xogos para practicar o xénero das palabras: MASCULINO-FEMENINO e o número: SINGULAR-PLURAL.

PRACTICAMOS A INTERROGACIÓN E A EXCLAMACIÓN!!!

Deixovos uns exercicios para practicar a interrogación e a exclamación. Só tendes que clicar nas imaxes e xogar ao tempo que aprendemos!!!!