Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas

3 oct 2018

QUE SERÁ, SERÁ...?

Hoxe empezamos o día cun misterio... De quen serán esas pegadas que baixan de Infantil, percorren o patio e chegan ata a Biblioteca?




As nenas e nenos chegaron á conclusión de que eran de... ASTRONAUTA!
Primeiro déronse conta de que pertencían a unha persoa que viña saltando ou flotando.
Despois, grazas ás estrelas que temos penduradas do teito, imaxinaron que tiñan que ser dalguén camiñando pola Lúa. Unha dedución perfecta!

Seguindo as pegadas, chegamos á inauguración da Biblioteca, onde recollimos os nosos carnés e sacamos fotos nun photocall moi espacial.

30 jun 2011

CONTO VIAXEIRO

Este é o resultado do voso traballo ao longo de todo o curso: "Un magnífico Conto". Non hai maneira de agradecervos a vosa colaboración. Seguide así!!!


11 may 2011

MÁIS CONTACONTOS ESPECIAIS!!!!

Os alumnos e alumnas do primeiro ciclo continuamos a ter moita sorte. Que non sabedes porque??? Pois porque seguimos disfrutando duns contos incribles, pero o mellor son os fantásticos contacontos. Aquí vos deixamos unha mostra destas dúas últimas sesións!!!


Moitas grazas Rosa e Telmo!!!!
Ainda queda tempo ata o fin de curso para que vos animedes!!!! Esperamosvos con ilusión!!!!

NOVIDADE

9 may 2011

O RETO DE CARBI

Carbi deixouvos un reto no seu blogue. Pero antes de viaxar ata o seu mundo máxico tendes que saber algo, senón non seredes capaces de resolver o misterio.

Os xeroglifos é un tipo de escritura no que as palabras non se representan coas letras, senón que se fae a través de símbolos ou figuras. Os exipcios e outros pobos antigos utilizaban xeroglifos nos seus monumentos. 
Que interesante, verdade?? Pois o mismo pensou Carbi e empezou a escribir as palabras con xeroglifos, o que teredes que facer vos é escribir con letras o que quere dicir Carbi. Moita sorte!!!!

Para comezar esta aventura só tendes que clicar na imaxe de abaixo. Non esquezades deixar o voso comentario.