Mostrando entradas con la etiqueta 1º 2018/19. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º 2018/19. Mostrar todas las entradas
30 oct 2018
Visita ao aeroporto
Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º, grazas ao programa ``Conoce + tu aeropuerto´´, puidemos visitar e coñecer mais de cerca o noso aeroporto.
Durante a visita coñecimos a labor de diferentes colectivos que traballan nel e que garanten a operatividade e seguridade de Peinador. Apréndemos o que era una tarxeta de embarque, pasamos polo arco de seguridade como se foramos uns pasaxeiros e puidemos ver a zoa de recollida de equipaxes.
E por se fora pouco tamén coñecimos aos bombeiros que traballan no aeroporto na zoa de extinción de incendios e as persoas encargadas do control de fauna no aeroporto onde explicáronnos que gracias a varias aves, como o falcón que nos ensinaron, espantaban algúns animais que atrevíanse a meterse nas pistas de aterraxe.
Aeroporto
22 oct 2018
XOGOS DE CARTAS
Nesta ocasión estivemos xogando ao cinquillo. O sistema de xogo é o mesmo que todos coñecemos, utilizando as cartas do 1 ao 10.
Se queredes facelo na casa podedes utilizar calquera tipo de baralla que teña diferentes familias de números ata o 10. A xogar!
Se queredes facelo na casa podedes utilizar calquera tipo de baralla que teña diferentes familias de números ata o 10. A xogar!
![]() |
| Preme na imaxe para ampliar |
21 oct 2018
XOGOS DE DADOS
Os xogos de dados nos que haxa que contar son moi útiles para traballar as matemáticas.

Nesta ocasión xogamos con dous dados, un azul e outro negro.
Temos que tirar os dous dados á vez.
O número do dado negro indica cantos cadros avanzamos.
O número do dado azul indica cantos cadros retrocedemos.
O primeiro que chega a 10, gaña!
Recoméndovos que o probedes na casa. Unha vez que van entendendo a dinámica do xogo xa son quen de anticipar que, se o número do dado negro é maior, avanzarán e se o número do dado azul é maior, retrocederán. Pouco a pouco empezarán a calcular a diferencia entre as dúas cifras de maneira natural para saber canto teñen que avanzar ou retroceder sen ter que contar.
Tamén resulta moi interesante xogar á Oca, ó Parchís e a xogos similares de dados. A xogar!

18 oct 2018
A VISITA DE PEPA
Recibimos a visita de Pepa, unha cadela moi especial do centro Ramalladas.
Pepa é coma nós, aínda é unha cadeliña moi noviña e imos aprendendo xuntos a respectar a outras persoas e animais, a tratala con agarimo para que non se poña nerviosa e a esperar a nosa quenda para compartir o tempo con ela. Non queremos abafala!

| Preme na imaxe para ver |
5 oct 2018
OS NOSOS PRIMEIROS "SOLES" E "CASIÑAS" MATEMÁTICAS
3 oct 2018
QUE SERÁ, SERÁ...?
Hoxe empezamos o día cun misterio... De quen serán esas pegadas que baixan de Infantil, percorren o patio e chegan ata a Biblioteca?
As nenas e nenos chegaron á conclusión de que eran de... ASTRONAUTA!
Primeiro déronse conta de que pertencían a unha persoa que viña saltando ou flotando.
Despois, grazas ás estrelas que temos penduradas do teito, imaxinaron que tiñan que ser dalguén camiñando pola Lúa. Unha dedución perfecta!
Seguindo as pegadas, chegamos á inauguración da Biblioteca, onde recollimos os nosos carnés e sacamos fotos nun photocall moi espacial.
Seguindo as pegadas, chegamos á inauguración da Biblioteca, onde recollimos os nosos carnés e sacamos fotos nun photocall moi espacial.
1 oct 2018
27 sept 2018
CONTANDO E CONTANDO...

O conteo é unha actividade moi importante para comprender o sentido dos números e a relación entre a escritura dun número e a cantidade que representa. Tamén para coñecer conceptos como máis, menos, poucos, moitos... que sentan as primeiras bases da lóxica matemática.
A recta numérica é unha ferramenta para coñecer a cadea numérica, contar de 1 en 1, 2 en 2, cara adiante e cara atrás, buscar números maiores e menores, anteriores e posteriores...
26 sept 2018
COMEZA O CURSO 2018-19!!!
Dámosvos a benvida un ano máis ao CEIP Plurilingüe Carballal - Cabral. Especialmente aos nosos compañeiros e compañeiras de 1º, que comezan a súa andaina na etapa de primaria.
Para entrar con bo pé e recordar as nosas aventuras no Carballal, recibíronnos o primeiro día unhas compañeiras moi especiais... as estrelas que decoramos o ano pasado e ás que lles pedimos moitos desexos.
Cantos deles se farían xa realidade?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)