21 oct 2018

XOGOS DE DADOS

Os xogos de dados nos que haxa que contar son moi útiles para traballar as matemáticas. 



Nesta ocasión xogamos con dous dados, un azul e outro negro.
Temos que tirar os dous dados á vez.
O número do dado negro indica cantos cadros avanzamos.
O número do dado azul indica cantos cadros retrocedemos.
O primeiro que chega a 10, gaña!

 
Recoméndovos que o probedes na casa. Unha vez que van entendendo a dinámica do xogo xa son quen de anticipar que, se o número do dado negro é maior, avanzarán e se o número do dado azul é maior, retrocederán. Pouco a pouco empezarán a calcular a diferencia entre as dúas cifras de maneira natural para saber canto teñen que avanzar ou retroceder sen ter que contar.

Tamén resulta moi interesante xogar á Oca, ó Parchís e a xogos similares de dados. A xogar!


No hay comentarios:

Publicar un comentario