Mostrando entradas con la etiqueta Matemáticas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Matemáticas. Mostrar todas las entradas

22 oct 2018

XOGOS DE CARTAS

Nesta ocasión estivemos xogando ao cinquillo. O sistema de xogo é o mesmo que todos coñecemos, utilizando as cartas do 1 ao 10.
Se queredes facelo na casa podedes utilizar calquera tipo de baralla que teña diferentes familias de números ata o 10. A xogar!
Preme na imaxe para ampliar

21 oct 2018

XOGOS DE DADOS

Os xogos de dados nos que haxa que contar son moi útiles para traballar as matemáticas. 



Nesta ocasión xogamos con dous dados, un azul e outro negro.
Temos que tirar os dous dados á vez.
O número do dado negro indica cantos cadros avanzamos.
O número do dado azul indica cantos cadros retrocedemos.
O primeiro que chega a 10, gaña!

 
Recoméndovos que o probedes na casa. Unha vez que van entendendo a dinámica do xogo xa son quen de anticipar que, se o número do dado negro é maior, avanzarán e se o número do dado azul é maior, retrocederán. Pouco a pouco empezarán a calcular a diferencia entre as dúas cifras de maneira natural para saber canto teñen que avanzar ou retroceder sen ter que contar.

Tamén resulta moi interesante xogar á Oca, ó Parchís e a xogos similares de dados. A xogar!


5 oct 2018

OS NOSOS PRIMEIROS "SOLES" E "CASIÑAS" MATEMÁTICAS

Damos os nosos primeiros pasos na descomposición de números. 

Os soles de números facémolos pensando xuntos diferentes combinacións.











Nas casiñas traballamos en conxunto ou individualmente usando o apoio de bandexas e pauciños.

27 sept 2018

CONTANDO E CONTANDO...


O conteo é unha actividade moi importante para comprender o sentido dos números e a relación entre a escritura dun número e a cantidade que representa. Tamén para coñecer conceptos como máis, menos, poucos, moitos... que sentan as primeiras bases da lóxica matemática.




A recta numérica é unha ferramenta para coñecer a cadea numérica, contar de 1 en 1, 2 en 2, cara adiante e cara atrás, buscar números maiores e menores, anteriores e posteriores...

26 nov 2014

TALLER DE XEOMETRÍA II...

Despois das gominolas e os escarvadentes chegan.... o xeoplano e a regra.
Traballamos co xeoplano, contamos vértices, lados, representamos figuras, fixemos composicións de paisaxes ... e debuxamos as diferentes figuras.
Velaquí o noso traballo.


27 oct 2014

TALLER DE XEOMETRIA.

Liñas rectas, liñas poligonais abertas, liñas poligonais pechadas, liñas curvas...
Formamos figuras!
Cantos lados teñen?
Cantos vértices teñen?
Despois de analizar os diferentes debuxos, xa estamos preparados/as para construír as nosas propias figuras, con escarvadentes e gominolas.

   

21 jun 2014

XOGANDO COS NÚMEROS.

     Canta diversión aportan dous ou tres dados e un taboleiro. Xogando a CARREIRA DE RECTÁNGULOS  e a COLUMNAS melloramos o noso cálculo.





TALLER DE XEOMETRÍA.

Este ano fixemos un Taller de xeometría na aula de primeiro para descubrir as formas xeométricas básicas. Os obxectivos a acadar con esta tarefa foron os seguintes:
  • Recoñecer as formas xeométricas básicas (cadrado, rectángulo, triángulo, pentágono...).
  • Contruír figuras xeométricas sinxelas (triángulo, cadrado, rectángulo, pentágono...).
  • Identificar, comparar e clasificar figuras xeométricas básicas.
Foi moi divertido, a continuación podedes ver no vídeo o traballo realizado polos nenos e nenas. 


15 jun 2011

XOGAMOS CO RELOXO!!!!

Aquí deixo dous xogos para practicar as horas. O da esquerda é sinxelo, para os nenos e nenas de 1º, e o da dereita, un pouco máis difícil para os nenos e nenas de 2º. A xogar!!!!