19 nov 2012

OBRADOIRO IGUALDADE

Hoxe no cole tivemos unha visita especial. Mara é unha profe especialista na sensibilización cos rapaces e rapazas cara a igualdade entre ambos. Tivemos unha sesión moi interesante protagonizada polo conto ROSA CARAMELO.... Descubrimos que non é certo que as elefantas teñan que ser rosas, cheirar a flores, e pasalo mal para ser fermosas...... Descubrimos que tanto rapaces como rapazas temos moitos gustos en común, moitas habilidades que facemos igual de ben, e...que, en realidade, a diferencia está no corpo pero non nas nosas capacidades. ¿Seríades capaces de diferenciar unha aperta dun neno ou dunha nena?.... Coidar a un boneco desenrola a sensibilidade e moitas aptitudes boas......por qué nos anuncios nunca aparece un neno coidando un boneco???? E a moitas nenas encántanlles os coches...por qué na tele se ven tan poucas????Ummmm Grazas Mara por facernos pensar.......

No hay comentarios:

Publicar un comentario