21 may 2013
VETERINARIO NO CARBALLAL
Tivemos unha visita xenial no cole. O veterinario Pedro Estévez, da clínica veterinaria "Ars Cannis", fixo unha presentación marabillosa acerca da importancia dos animais ao longo da historia.
Dende a prehistoria ata a actualidade o home sempre estivo ligado aos animais. Son moi importantes para un pobo, e por iso dicían que "Animais sans, pobo san".
Pedro trouxo a Pombo, un can divertido, e preparou un xogo no que aprendemos a coidar aos animais. POrque os animais son os nosos amigos. Precisan dos nosos coidados.
Dende microchip, ata exercicio diario e agarimo dos amos, son moitas as cousas que debemos facer
por eles.
VETERINARIO NO CARBALLAL on PhotoPeach
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario