11 oct 2010

AITOR PONCETE "DETECTIVES DE LETRAS"

Ultimamente, na clase de primeiro están o ocorrer cousas extrañas: as portas do armario abertas, sumas e restas no encerado, pero a máis inquetante de todas foi a aparición dun cartel na porta da aula: 

 Quen será este Aitor Poncete? Porque puxo este letreiro na nosa porta? Tiñamos un montón de dúbidas que non foron resoltas ata que un día apareceu unha mensaxe.


Así que é un detective de letras en busca de colaboradores!!!
 Teremos que esperar ata que volva porse en contacto con nós.

Que emoción!! 




No hay comentarios:

Publicar un comentario