O 21 de setembro leváronnos a todos a biblioteca, non sabiamos o que ocurría. Que sería o que ía pasar? Que nervios!
A mestra Marta explicounos as normas da biblioteca, xa que os nenos de 1º son principiantes e teñen que aprendelas. Despois pasouse a entrega de carnés aos novos membros. Que sorpresa! Son moi bonitos.
Pero as sorpresas non acaban aquí, tamén nos fixeron entrega da mochila e do conto viaxeiro deste novo curso. Os elexidos foron Ruth e Ramón de 1º. A quen lle tocará a próxima vez?
No hay comentarios:
Publicar un comentario