Hoxe toca galego no caderno ( Caderno de Galego) imos ver vocabulario sobre os espectáculos e imos facer completar o anuncio dun acto isto corresponde ás páxinas 8 e 9.
Despois ides continuar o seguinte conto.....
Por último para hoxe imos recordar os animais. Aquí tedes un vídeo sobre todo o que vimos deles: Animais
Agora tedes que elexir un animal describilo e dibuxalo. Para describilo podedes utilizar este guión.
Para rematar aquí tedes o experimento de Nico e o de Bárbara que nos mostra un novo experimento por se queredes facelo tamén.
Que teñades unha boa tarde e ata mañá! 🙋🙋🙋



No hay comentarios:
Publicar un comentario