Por fin chegou o día máis esperado por todos os nenos e nenas do Carballal. Tiñamos o cole preparado para pasar moito medo este día. Divertímonos moito disfrazándonos de pantasmas, escoitando o contacontos de "Corre, corre cabaciña", bailando danzas divertidas no ximnasio do centro. E , por suposto, facendo debuxos de monstros e personaxes de medo para este día tan importante nas tradicións galega e inglesa. As mestras ensináronnos o significado deste día para os celtas.....xa volo contarán na casa......O Samaín e o Halloween chegaron da man ao noso cole, e divertímonos moito.
Aquí vos mandamos algúns dos momentos deste día xenial!!!
SAMAÍN EN 2º on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario