Hoxe, o alumnado de 1º, 2º e 3º tiveron a oportunidade de asistir ao obradoiro "Redes de pesca" no Centro de Artesanía Tradicional. A primeira sorpresa foi unha visita guiada por diferentes oficios tradicionais galegos.
A continuación, acompañados dunha redeira e dun mariñeiro de Bueu, achegámonos ao mundo do mar e do tecido das redes. Un dos oficios tradicionais máis descoñecidos. Pero se pensades que iso foi todo estades moi equivocados... Se queredes saber como termina esta historia facede "clic" na imaxe para ver un pequeno vídeo!!
Lembrade que tendes tódalas imaxes na galería de fotos da web do centro!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario