Menudo susto, hoxe tivemos no cole problemas coa luz, de repente apagábase e desparecían cousas. Pero, aínda por riba aparecían unhas plumas como marcando un camiño.... O caso é que ao segui-lo chegamos á biblioteca onde atopamos o maletín do detective Aitor Poncete, cun novo caso para resolver.
Esta misión só era para atrevidos e que non tiveran medo á oscuridade, xa que necesitamos dunha linterna, pois todo estaba oscuro. Pero o mellor de todo é que fixemos un novo amigo (o moucho BU).
O misterio resolveuse sen problema. Queredes ver como nos foi????? Pois mirade o seguinte video.
AITOR PONCETE E O MISTERIO DA LUZ on PhotoPeach
Moitas grazas Rafa e Carmen por axudarnos e acompañarnos sempre nestes misterios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario