Aos nenos e nenas de primeiro xa nos parecía raro que Aitor Poncete non necesitara da nosa axuda para resolver algún misterio!!!! O primeiro caso deste novo ano foi un pouco perigoso, xa que para resolver o caso tivemos que descifrar uns nomes secretos. Tan agochados estaban que necesitamos dun mechero para facer que as palabras se viran. Menos mal que tiñamos a axuda da mestra Inés e Carmen que non permitiron que nada malo ocorrese.
Que sorpresa, cando ao xuntar eses nomes saiu a seguinte mensaxe: "AQUÍ TODOS SOMOS AMIGOS". Aitor Poncete mandounos o seu desexo de Paz.
Queredes ver como foi todo???? Pois dádelle o play.
AITOR PONCETE on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario