Hoxe fomos convocados polo DETECTIVE AITOR PONCETE para seguir axudándolle nos seus casos. Despois do patio deixounos unha carta na que nos dicía que para ser un bo detective debemos ter: un bo oído, unha boa vista e unha memoria de elefante!!!! Polo que hoxe debemos demostrarlle que temos un oido moi agudo, que non se nos escapa nin un son.
Como non nos deixou ningunha pista máis, decidimos ir a aula de música, pois é alí onde semana tras semana agudizamos o noso oído!!! E non ibamos mal encamiñados, xa que na aula atopamos o maletín do DETECTIVE, si que é despistado!!!!!! Dentro do maletín tiñamos todo o material necesario para pasar tres probas. Aínda que ao principio costounos un pouco, ao final soubemos resolver o caso sen problemas!!!!!!
DENDE AQUÍ QUEREMOS AGRADECER A AXUDA DO PROFE RAFA, E A PROFE MARTA QUE NOS DEIXOU A SÚA AULA PARA RESOLVE-LO CASO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario