15 oct 2010

PRIMEIRO CASO DO DETECTIVE AITOR PONCETE

Hoxe tivemos un día do máis normal no cole ata despois do patio. 
Como cada venres subimos a biblioteca para coller dous novos libros para ler na casa. Ata aquí todo normal, mais cando iamos baixando polas escaleiras atopamos unha nova mensaxe de Aitor Poncete e un camiño de follas caídas das árbores que levaba dende a aula ata o patio.

Despois de ler a mensaxe, seguimos o camiño de follas e atopamos 4 caixas, dentro, cada caixa, tiña follas escritas recortadas pola metade. Decidimos leva-las para a aula e resolver o misterio.
A continuación mostramosvos como foi o noso traballo e o resultado final.



No hay comentarios:

Publicar un comentario