Hoxe empezamos o día cun misterio... De quen serán esas pegadas que baixan de Infantil, percorren o patio e chegan ata a Biblioteca?
As nenas e nenos chegaron á conclusión de que eran de... ASTRONAUTA!
Primeiro déronse conta de que pertencían a unha persoa que viña saltando ou flotando.
Despois, grazas ás estrelas que temos penduradas do teito, imaxinaron que tiñan que ser dalguén camiñando pola Lúa. Unha dedución perfecta!
Seguindo as pegadas, chegamos á inauguración da Biblioteca, onde recollimos os nosos carnés e sacamos fotos nun photocall moi espacial.
Seguindo as pegadas, chegamos á inauguración da Biblioteca, onde recollimos os nosos carnés e sacamos fotos nun photocall moi espacial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario